Os veciños de toda a Costa da Morte responderon masivamente o sabado 30 de abril a chamada dos axentes sociais e políticos e acudiron a manifestación convocada entre A Piroga, (Concello de Vimianzo), e O Allo, (Concello de Zas), para esixirlle ao goberno da Feijoo que, por favor, deixe de poñer trabas para que se poida instalar a estación da Inspección Técnica de Vehículos da Costa da Morte na localidade de Baio. Na foto apreciase a asistencia masiva a manifestación.Uns 5000 veciños acudir
on a manifestación e entre eles tiveron unha presencia destacada os nacionalistas do BNG, entre eles os de Camariñas, que como non podía ser menos, ocupámonos non soio dos asuntos estrictamente locais, se non que solidarizámos con toda a comarca e especialmente temos fe política no futuro da Terra de Soneira, e vemos na imaxe a Isabel Barreiro, candidata do BNG a alcaldía de Camariñas.