Na visita adquiriu nun stand de artesanía a que será a mascota do BNG de Camariñas nista campaña electoral que se achega, nista foto presentamos a "PERCEBIÑO":
Que din os catro ventos ao zoar en Camariñas, en Camelle, na Ponte do Porto, en Xaviña...
quinta-feira, 21 de abril de 2011
Isabel Barreiro visitou a Mostra do Encaixe
Na visita adquiriu nun stand de artesanía a que será a mascota do BNG de Camariñas nista campaña electoral que se achega, nista foto presentamos a "PERCEBIÑO":
quarta-feira, 20 de abril de 2011
O BNG de Camariñas presenta a súa candidatura ao completo
A Candidatura do Bloque Nacionalista Galego ten como obxectivo acadar representación no Concello de Camariñas co fin de conseguir un Concello máis participativo, que escoite aos veciños e que defenda aos sectores productivos: As mariscadoras/es, mariñeiros, percebeiros, ao pequeno comercio e que poña en valor o patrimonio de Camariñas e o seu potencial turístico así como unha firme defensa das políticas sociais.
O BNG preséntase para que “no Concello de Camariñas haxa unha rexeneración democrática que teña como obxectivo principal traballar polo noso Concello e deixar de lado as liortas partidistas entre o PSOE e o PP que tanto perxudican a imaxe de Camariñas e da súa xente”.
Lista do BNG de Camariñas para as municipais do 22 de maio de 2011:
1. María Isabel Barreiro Vigo (Camelle) Administrativa.
2. Vicente Rivas Negreira (Ponte do Porto) Arquitecto.
3. Esteban Sestaio Sánchez (Camariñas) Ciclo medio electricidade.
4. Xosé Xoán Bermúdez Tajes (Arou) Patrón maior Confraría de Camelle.
5. Mari France Regodesebes Díaz (Ponte do Porto) Ama de Casa.
6. Luis Miguel Suárez Pérez (Camelle) Técnico Superior en servicios restauración- bar.
7. Eugenio Castro Pardiñas (Santa Mariña) Percebeiro.
8. Matilde Pardiñas Suárez (Camelle) Mestra.
9. Eduardo Pasantes Pasantes (Camariñas) Traballador de productos conxelados.
10. Rosa María Bermúdez Castro (Arou) Mariscadora.
11. Rosa Castedo Corral (Camelle) Licenciada en Administración e Dirección de Empresas.
12. Maria del Carmen Tedín Albores (Arou) En paro.
13. Manuel Camiño Mouzo (Arou) Licenciado en Socioloxia e Sindicalista CIG.
Suplentes
14. Modesto José Casal Mouzo (Camelle) Ambulancias-Sindicalista CIG.
15. Francisco Sánchez Mouzo (Camelle) Traballador nun buque de desguace.
16. Paula Leis Baña (Camelle) Técnico Superior en artes plásticas e volume.
quinta-feira, 14 de abril de 2011
Leas de Tanatorio...
Por rigurosa orde de aparición na web, temos eiquí os debuxiños do PSOE:

E como non podía ser menos, o PP respostou no seu voceiro dixital amosando as ventaxes do seu debuxo, (se nota que teñen un menor dominio do grafismo):

E dende iste espacio nos preguntamos, non urxiría mais que os nosos políticos, na vez de pelexar por onde velar aos mortos, adicaran os seus esforzos, niste momento de crise no que o paro golpea aos camariñáns, aos vivos?...
Pensamos que Camariñas cecais precise un tanatorio, pero moito mais precisa emprego para os seus veciños en paro, igualdade de oportunidades para acceder aos empregos públicos e aos contratos da administración local, oportunidades de formación, facilidades para a instalación de empresas e o desenvolvemento de novos proxectos de creación de riqueza, e, sobor de todo, diálogo, consenso e unidade constructiva de esforzos creativos e non leas ridículas e destructivas que fagan retroceder a Camariñas respecto do noso entorno.
Con ise espíritu é co que a vindeira semán o BNG presentará a súa alternativa para Camariñas con Mª. Isabel Barreiro Vigo como futura alcaldesa.sexta-feira, 8 de abril de 2011
Unha proposta amable e sensata fronte a crispación bipartidista...
Tras unha lexislatura de contínua crispación no concello, o BNG fai aos camariñáns unha o
ferta de amabilidade, de sensatez, de facer propostas e escoitar suxerencias, de non descalificar a ninguén por prexuizos, e de non asentir sistematicamente por seguidismo e sumisión.
bel Barreiro, e o BNG de Camariñas, queren ofrecer ao Concello algo que os camariñáns vivimos na rúa, a tolerancia, a amistade, a solidaridade e non o insulto e a descalificación contínua que PSOE e PP levan continuamente aos plenos, que Pichurri e Daniel Rego personifican tan ben actuando como monicreques de guiñol manexados por Zapatero, (alias o Bobo Solemne) e Rajoy , (alias o Patriota de Folladelata), como mutuame
nte se alcumaron...E tamén nos, iste humilde blog, tentará dende hoxe contar unha visión do noso concello sin distorsionar, sin o sectarismo que a mosan os medios dixitais de cabeceira dun e doutro...