A Candidatura do Bloque Nacionalista Galego ten como obxectivo acadar representación no Concello de Camariñas co fin de conseguir un Concello máis participativo, que escoite aos veciños e que defenda aos sectores productivos: As mariscadoras/es, mariñeiros, percebeiros, ao pequeno comercio e que poña en valor o patrimonio de Camariñas e o seu potencial turístico así como unha firme defensa das políticas sociais.
O BNG preséntase para que “no Concello de Camariñas haxa unha rexeneración democrática que teña como obxectivo principal traballar polo noso Concello e deixar de lado as liortas partidistas entre o PSOE e o PP que tanto perxudican a imaxe de Camariñas e da súa xente”.
Lista do BNG de Camariñas para as municipais do 22 de maio de 2011:
1. María Isabel Barreiro Vigo (Camelle) Administrativa.
2. Vicente Rivas Negreira (Ponte do Porto) Arquitecto.
3. Esteban Sestaio Sánchez (Camariñas) Ciclo medio electricidade.
4. Xosé Xoán Bermúdez Tajes (Arou) Patrón maior Confraría de Camelle.
5. Mari France Regodesebes Díaz (Ponte do Porto) Ama de Casa.
6. Luis Miguel Suárez Pérez (Camelle) Técnico Superior en servicios restauración- bar.
7. Eugenio Castro Pardiñas (Santa Mariña) Percebeiro.
8. Matilde Pardiñas Suárez (Camelle) Mestra.
9. Eduardo Pasantes Pasantes (Camariñas) Traballador de productos conxelados.
10. Rosa María Bermúdez Castro (Arou) Mariscadora.
11. Rosa Castedo Corral (Camelle) Licenciada en Administración e Dirección de Empresas.
12. Maria del Carmen Tedín Albores (Arou) En paro.
13. Manuel Camiño Mouzo (Arou) Licenciado en Socioloxia e Sindicalista CIG.
Suplentes
14. Modesto José Casal Mouzo (Camelle) Ambulancias-Sindicalista CIG.
15. Francisco Sánchez Mouzo (Camelle) Traballador nun buque de desguace.
16. Paula Leis Baña (Camelle) Técnico Superior en artes plásticas e volume.
Nenhum comentário:
Postar um comentário