sexta-feira, 8 de abril de 2011

Unha proposta amable e sensata fronte a crispación bipartidista...

Tras unha lexislatura de contínua crispación no concello, o BNG fai aos camariñáns unha oferta de amabilidade, de sensatez, de facer propostas e escoitar suxerencias, de non descalificar a ninguén por prexuizos, e de non asentir sistematicamente por seguidismo e sumisión.
Mª. Isabel Barreiro, e o BNG de Camariñas, queren ofrecer ao Concello algo que os camariñáns vivimos na rúa, a tolerancia, a amistade, a solidaridade e non o insulto e a descalificación contínua que PSOE e PP levan continuamente aos plenos, que Pichurri e Daniel Rego personifican tan ben actuando como monicreques de guiñol manexados por Zapatero, (alias o Bobo Solemne) e Rajoy , (alias o Patriota de Folladelata), como mutuamente se alcumaron...
E tamén nos, iste humilde blog, tentará dende hoxe contar unha visión do noso concello sin distorsionar, sin o sectarismo que a mosan os medios dixitais de cabeceira dun e doutro...

Nenhum comentário:

Postar um comentário